Cando faltan catro días para a segunda edición do Rallye Ribeira – Ría de Arousa, a ocupación hoteleira prevista para esta fin de semana no municipio roza xa o cento por cento.
Así se desprende das consultas realizadas pola Área de Turismo do Concello entre os hoteis, hostais, campings, casas de turismo rural e establecementos singulares das diferentes parroquias, no que se constatou que a maior parte dos establecementos están completos.
Cúmprese deste xeito un dos obxectivos que se perseguía co patrocinio desta proba incardinada no campionato galego de rallyes, como é o de estimular a actividade turística e comercial no municipio nun mes considerado de tempada baixa. Presentación oficial
Cómpre informar por outra parte que mañá mércores ás oito da tarde terá lugar na Casa Consistorial a presentación oficial desta cita deportiva. Con tal motivo varios dos vehículos participantes no rallye estarán na praza do Concello.
Finalizan as obras de reforma da Xefatura Comarcal de Ribeira da Consellería do Mar
A Consellería do Mar completou a reforma integral do edificio que alberga o seu Xefatura Comarcal en Ribeira. Segundo o informe presentado no Consello da Xunta, as obras, concluídas hai dúas semanas, corrixiron o deteriorado estado de conservación das instalacións,...