Dous millóns de euros para plans de sustentabilidade turística na Ría de Muros-Noia

21 Novembro 2022

A Xunta deu hoxe o visto e prace as sinaturas do convenio do plan de sustentabilidade turística en destino (PSTD) da Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría Muros-Noia, por importe total de 2 millóns de euros no marco dos fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

O Plan de sustentabilidade da ARD da Ría Muros-Noia ten como obxectivo facer un destino sustentable e competitivo potenciando recursos desta zona.

Así, e segundo informa a administración galega, fomentaranse novos produtos que axuden a desestacionalizar e diferenciar a oferta turística centrados na gastronomía e o turismo activo, aproveitando tamén as condicións da ría para a práctica deportiva.

Este proxecto, para o que se destinan 2 millóns de euros, engloba entre outras actuacións o reforzo da senda litoral da ría de Muros – Noia, apostando pola apertura de novos tramos caminables e para bibicletas, zonas de para esas bicis e mais autocaravanas, e a ordenación de uso en espazos protexidos.

Potenciarase tamén o itinerario cultural a Santiago, coa apertura de tramos históricos en desuso, a mellora de núcleos urbanos non litorais no itinerario (A Serra de Outes), a posta en valor e sinalización de recursos das minas de San Finx.

O obxectivo dos plans de sustentabilidade turística en destino é implementar actuacións de impulso da sustentabilidade turística na súa tripla vertente: ambiental, socioeconómica e territorial, coa finalidade de beneficiar os destinos turísticos, os axentes sociais e os operadores privados do sector.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.