Convocados os propietarios dos terreos necesarios para executar a primeira fase da Variante de Ribeira

25 Novembro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca, para decembro e febreiro, os propietarios dos terreos necesarios para executar a primeira fase da Variante de Ribeira, que comprende o treito entre a estrada autonómica AC-550 e a avenida da Constitución.

O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar os días 12, 13 e 14 de decembro, entre as 10 e as 13 horas, na praza de Abastos de Ribeira; a formalización das actas de ocupación levarase a cabo os días 23 e 24 de febreiro, no mesmo horario e lugar.

No seguinte enlace ao Diario Oficial de Galicia (DOG) pode ampliarse esta información:  http://xurl.es/uwom1

A Xunta reserva nos Orzamentos de 2023 1,5 M€ e partidas plurianuais ata 2025 que acadan os 6,5 M€ para a Variante de Ribeira. Actualmente está a ultimarse o proxecto construtivo correspondente á primeira fase, entre a AC-550 e a avenida da Constitución.

Ademais, o Executivo autonómico licitou esta mesma semana as obras da nova vía de conexión coa aldea de Fafián, que suporán un investimento de máis de 860.000 euros e constitúen o primeiro paso para facer realidade a Variante de Ribeira.

Na primavera de 2024 os veciños xa disporán dun pequeno treito de 220 metros que forma parte da Variante de Ribeira, unha infraestrutura clave que dotará o núcleo urbano dunha vía que de oeste a sur conecte a autovía do Barbanza e a AC-550 coa estrada da costa.

A nova vía, cuxos traballos se veñen de licitar, irá da estrada provincial DP-7305, que conecta Ribeira con Aguiño a través de Carreira, ata a aldea de Fafián.Comezará na conexión coa estrada da deputación mediante a execución dunha glorieta de 34 metros de diámetro e finalizará en Fafián, cunha intersección en “T”. Este pequeno tramo permitirá captar un tráfico estimado de case 4.300 vehículos, o 3,4% de vehículos pesados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.