
A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a entre tres e catro anos de cárcere a sete persoas por tráfico de drogas nas localidades de Rianxo, Ribeira, Vilagarcía de Arousa.
Os membros deste grupo, tres mulleres e catro homes, foran detidos o pasado xuño de 2021, cando a Garda Civil desmantelou o punto de droga que o conxunto tiña en Rianxo e Ribeira. A autoridades comezaran a operativo Masa tras ter coñecemento que uno dos integrantes, con antecedentes penais, tiña na súa posesión armas de fogo. Durante o transcurso da súa investigación, os axentes conseguiron ligar a este rianxeiro cos outros membros do dispositivo en Ribeira e Vilagarcía de Arousa.
Durante os rexistros nas súas casas os axentes atoparon 243 gramos de heroína, 285,49 gramos de cocaína, 414, 52 gramos de haxix e 231 gramos de cánnabis, ademais de instrumentos necesarios apa a elaboración e posta en venda das substancias. Cinco dos detidos foron levados a prisión provisional segundo o ditame do Xulgado de Instrución nº2 de Padrón.
Tres dos homes acusados foron condenados a catro anos de cárcere, e ao abono en total de máis de 40.000 euros de multa no seu conxunto.