Cabo de Cruz acolle o domingo a I andaina Mar de Cabo que organiza a Asociación A Gamela

16 Novembro 2022

O Concello de Boiro celebrou esta mañá unha xunta de seguridade para coordinar a organización da I andaina Mar de Cabo que organiza a Asociación A Gamela de Cabo de Cruz e que terá lugar este domingo día 20 de novembro.
Na xunta de seguridade estiveron a concelleira de Cultura, María Outeiral; unha integrante da Asociación, Eva Triñanes; a Policía Local e Protección Civil de Boiro.
A andaina sairá ás 10.00 horas do peirao de Cabo de Cruz e contará cun percorrido de 10 quilómetros bordeando toda a costa. O obxectivo desta actividade é promover e dar a coñecer a paisaxe do municipio, así como a posta en valor do patrimonio cultural e marítimo.
As inscricións para participar na andaina están abertas e pódense facer mediante o correo electrónico gamelacabodecruz@gmail.com ou no mesmo día da andaina ás 9.45 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...