O Concello de Boiro avanzou este mércores múltiples detalles da súa axenda festiva e cultural para este decembro que arrinca mañá. Segundo lembrou, a programación cultural do dito mes comeza co prendido das luces de Nadal e coa celebración das festas patronais de Santa Baia. Na presentación de actividades participaron a concelleira de Cultura, María Outeiral, os representante da comisión de festas, Eugenio Silva e Josefa Vázquez, e o párroco de Boiro, Julio Cárdenas.

O acendido do alumeado de Nadal vaise realizar este sábado día 3 de decembro a partir das 18.00 horas na praza de Galicia. Haberá un espectáculo de animación e ás 19.00 horas a Asociación Ambar e a Escola de Ballet Cen Pliés serán as encargadas de realizar o prendido das luces, que rematará coa animación musical de DJ Matrek.
A próxima semana da comezan as festas patronais de Santa Baia, que contarán con celebracións solemnes e actividades festivas. O día 8 serán os festexos na honra da Inmaculada concepción, con celebración de misas ás 11.30 e 20.00 horas; o sábado 10 Santa Baia con alboradas a cargo de Arume e Os Pequenos do Barbanza, misas ás 12.30 e 20.00 horas, festa infantil con inchábeis a partir das 16.00 horas no local multiusos do Mercado Municipal e verbena coa orquestra Trebol; o domingo día 11 haberá alboradas con Arume, festa dos callos a partir das 11.30 horas; a partir das 12.00h ruada con A Dorniña de Abanqueiro, Nunca é Tarde, Os da Boina e a Asociación Cultural Pedra da Aroña; e misas ás 12.30 e 20.00 horas.
O programa festivo continúa o luns 12 con alboradas e misas na honra da Señora da Guadalupe e rematan o martes día 13, Santa Lucía, con alboradas con Arume e Os Pequenos do Barbansa; e celebración de misas ás 9.00, 10.00, 11.00, 12.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas.



