Boiro celebra este domingo o Día da Bici

05 Novembro 2022

O Concello de Boiro celebra este domingo 6 de novembro do Día Da Bicicleta, unha cita que ten como obxectivo “a convivencia”, “a diversión” e máis a participación de nenos e de adultos. O percorrido será duns 14 quilómetros e ten a saída programada para as 11.00 horas da praza de Galicia, comezando pola rúa Principal e a avenida de Compostela ata a Agramuíña, onde se realizará o primeiro reagrupamento. Continuará polo paseo marítimo para volver ao centro de Boiro pola avenida de Compostela e a avenida da Constitución e dirixirase a Cabo de Cruz pola avenida de Barraña e Esteiro. En Cabo de Cruz farase un segundo reagrupamento e regresará a Boiro polo Sestelo, Seán, Exipto e DP-106 para chegar á rúa Dereitos Humanos e percorrerá a peonil ata regresar á praza de Galicia.

Seguridade

O Concello insistiu na presentación da actividade, este martes, na importancia de garantirmos a seguridade da proba, polo que será preciso “seguir as instrucións e indicacións da organización e non saírse do percorrido fixado”. E engadiu o alcalde José Ramón Romero: “Contamos coa colaboración das forzas e corpos de seguridade como a Garda Civil e Protección Civil, os colaboradores como Club Ciclista Barbanza para coidar que todo transcorra sen incidencias e tamén a todos os patrocinadores que colaboran nesta cita”. O rexedor tamén fixo saber que este martes 1 de novembro xa había preto de 300 persoas inscritas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.