Barbanza Arousa asina un convenio coa Asociación Cultural Alberto Romero

24 Novembro 2022

Na mañá deste xoves 24 de novembro o presidente da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, Xosé Lois Piñeiro, e o representante da Asociación Cultural Aberto Romero, Santiago García, asinaron un convenio de colaboración co fin de colaborar, impulsar, difundir e promocionar as actividades creadas pola entidade cultural. Esta ten como finalidade a promoción do audiovisual a través do seu Certame de Curtas que celebra o vindeiro ano a súa sétima edición nos concellos de Barbanza Arousa, contando con moi boa acollida entre o público en xeral.

Barbanza Arousa comprométese con este convenio a colaborar na realización do proxecto VII Certame Audiovisual Alberto Romero de curtas no que participan nenas/os desde Primaria ata rapazas/es de Bacharelato, ademais de contar cunha categoría para usuarias/os dos centros de diversidade funcional e outra categoría libre aberta a todos aqueles que queiran participar.

Nesta nova edición, introdúcese como novidade unha nova modalidade chamada Barbanza Arousa, que busca a posta en valor do territorio a través dos seus recursos patrimoniais, a súa natureza e a śua historia reflectidos nos audiovisuais.

Os premios que serán entregados nesta 7ª edición ascenden a 1.800€, estando xa aberto o prazo de inscrición ata o 28 de febreiro do 2023.

De forma paralela ao certame realízanse formacións nos catro concellos de como realizar unha curtametraxe.

Con este acordo, a entidade supramunicipal da nosa comarca continua co seu plan de traballo. “É importante contar con profesionais, entidades e asociacións culturais que traballan xa no territorio, apostando así por unha implicación de proxectos culturais cos que consolidar unha proposta de turismo creativo”, explicaron dende Barbanza Arousa.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.