As veciñas de Boiro poderán converterse en expertas tecnolóxicas grazas ao programa Muller Dixital

21 Novembro 2022

A Casa da Cultura de Boiro acolle este xoves 24 de novembro ás 10.30 horas a xornada de presentación de O programa, segundo avanzou o Concello, achegará capacitación en competencias dixitais básicas ao longo de 40 horas de actividade formativa. Permitirá aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas base.

Tamén vai incluír formación en competencias dixitais avanzadas que posibiliten o aproveitamento da riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais; e tamén formación en iniciación en competencias dixitais para o emprendemento, co que se busca a adquisición das habilidades tecnolóxicas dixitais necesarias que promovan, faciliten e melloren a empregabilidade e o desenvolvemento de negocios existentes ou novos, promovidos por mulleres conciliando a súa vida familiar e profesional.

Máis información sobre o programa e inscricións na web de mullerdixital.gal, no teléfono 621 180 896 e en promotor@mullerdixital.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...