As Mulleres do Barbanza reivindican o 25-N cunha concentración, unha exposición e a presentación do novo caderno dos Episodios Republicanos Barbanzáns

22 Novembro 2022

A Asociación de Mulleres do Barbanza compartiu a súa axenda de actividades para visibilizar este 25-N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres. No cartaz conmemorativo da asociación figuran accións programadas en colaboración co Grupo de Acción Local da Barbanza de Amnistía Internacional e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza: por unha banda a concentración contra a violencia machista do venres 25 na praza do Concello de Ribeira, ás 19.30 horas, na que se renderá homenaxe ás vítimas desta lacra (coa colaboración de Amnistía Internacional, que achega a exposición de paneis Elas son a revolución (mulleres e nenas en Afganistán); e pola outra a presentación do caderniño número 10 dos Episodios Republicanos Barbanzáns, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a partir das 20.30 horas. Por certo que se contará para esta presentación coa presenza do escritor noiés Xerardo Agrafoxo, autor do caderniño. Este rende homenaxe a dúas mulleres represaliadas e silenciadas pola Guerra Civil e a ditadura franquista: as veciñas de Lousame Mari Pepa e Manuela.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.