Amicos pecha o curso de carretilla elevadora pertencente ao programa Máis Emprego

30 Novembro 2022

A asociación da nosa comarca Amicos clausurou este 29 de novembro o curso Carretilla elevadora, pertencente ao seu programa Máis Emprego, que desenvolve en colaboración coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo. As sesións impartíronse na academia Ara Formación en Pontevedra. Os trece alumnos participantes recibiron un diploma recoñecendo o seu esforzo no curso. A formación, dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha duración de 24 horas na modalidade mixta, 16 online e 8 presenciais.

A empresa Ara foi como dixemos a encargada de impartir a ensinanza, a cal permite achegar aos participantes ao mercado laboral.

Ao acto acudiu Marcos Rey Pazos, concelleiro de benestar social do Concello de Pontevedra, quen afirmou que “para o Concello foi un pracer ceder espazos na Casazul para contribuír á formación dos que máis o precisan” e aproveitou a ocasión para felicitar o Nadal ás persoas que completaron a formación. Tamén se mostrou convencido de “que este tipo de cursos que teñen unha elevada demanda laboral favorecen as posibilidade de inserción”.

Doutra banda, Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas e Emprego de Amicos quixo dar as grazas a todos os participantes, recoñecendo o esforzo realizado e animándoos a ter unha boa actitude de cara ao mundo laboral.

Entre os asistentes atopábanse Marta Besada e Rosa Agrelo, dúas técnicas da Asociación Amicos neste programa de Máis Emprego, que quixeron agradecer aos participantes o interese e tenacidade ao longo de todo o curso. Asemade, adicaron unha palabras de agradecemento ao Concello de Pontevedra pola “súa boa predisposición” cedendo o espazo no que realizar a formación e permitindo que accións como esta sexan posíbeis.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...