Amicos clausurou o seu curso de operario/a de almacén

18 Novembro 2022


A asociación comarcal Amicos clausurou este venres 18 de novembro, na sala de plenos do Consistorio de Caldas de Reis, o seu curso de operario/a de almacén, pertencente ao seu programa Máis Emprego que desenvolve a entidade en colaboración coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo.

Os doce alumnos participantes recibiron un diploma recoñecendo o seu esforzo no curso.

A formación, dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha duración de 40 horas presenciais.

Jesús Martínez, da empresa Ara Formación, foi o encargado de impartir a ensinanza, a cal permite achegar aos participantes ao mercado laboral.

Ao acto acudiu o alcalde de Caldas de Reis, José Manuel Rey, quen afirmou que “foi un pracer ceder este espazo para contribuír á formación dos que máis o precisan” e “que dende o Concello estamos á vosa disposición para o que necesitedes”.

Doutra banda, Miguel Beiro, responsábel da área de Alianzas e Emprego de Amicos quixo dar as grazas a todas as persoas participantes, recoñecendo o esforzo realizado e animándoas a ter unha boa actitude de cara ao mundo laboral.

Unhas emotivas palabras do presidente de Emdesfor pecharon o acto: “A actitude é o que vale no traballo e na vida. É todo. As limitacións témolas todos, pero sempre hai que manter o ánimo.”

Entre os asistentes atopábanse Marta Besada e Rosa Agrelo, dúas técnicas da asociación Amicos
neste programa que quixeron agradecer aos participantes o interese e tenacidade ao longo de todo o curso. Asemade, dedicaron unha palabras de agradecemento ao Concello de Caldas pola súa boa predisposición cedendo o espazo no que realizar a formación e permitindo que accións como esta sexan posíbeis.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...