A Xunta propón repartir 33 millóns entre os concellos do programa de rehabilitación de barrios para atender todas as peticións

23 Novembro 2022

A Xunta de Galicia prevé repartir 33 millóns de euros entre os 29 concellos que solicitaron fondos do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado con fondos europeos. Esta planificación, sinala o Goberno galego, “supón case triplicar os 11,48 millóns de euros previstos na convocatoria publicada o pasado 19 de xullo e responde á necesidade de atender as solicitudes de todos os concellos que a presentaron”.

As axudas de barrio financiaranse cos 11,48 millóns correspondentes ao reparto de fondos europeos xa realizado entre as comunidades autónomas e tamén á nova distribución que se realizará antes de finais deste ano.

O IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) xa comunicou aos concellos a proposta provisional de reparto, así como o requirimento da documentación adicional necesaria, que deberán presentar no prazo de 15 días. Unha vez completados os trámites, a distribución definitiva de fondos concretarase nun acordo entre a Xunta de Galicia, os concellos e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

En total está previsto que se beneficien destas axudas 55 contornas residenciais de rehabilitación programada (ERRP) declaradas en 29 concellos, a través dos cales os concellos farán chegar as axudas aos cidadáns interesados. Do total de 55 ERRP que se beneficiarán en Galicia, 42 coinciden con Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) xa declaradas, e ademais, en cinco casos os concellos solicitantes contan tamén cunha Área Rexurbe declarada. Das axudas a nivel de barrio poderán beneficiarse as 5.783 vivendas existentes en ditas contornas.

As subvencións previstas neste programa van destinadas a inmóbeis nos que, polo menos, o 50% da superficie construída sobre rasante teña un uso residencial de vivenda, excluíndo o andar baixo a e outros andares inferiores que alberguen outros usos compatíbeis.

O importe da axuda depende do grao de eficiencia enerxética conseguido coa actuación de rehabilitación que se execute, e pode ser do 40, do 65 ou do 80% do orzamento protexíbel, acadando un máximo de 29.425 euros por vivenda; en todo caso, a axuda poderá acadar o 100% do investimento realizado, excluídos impostos, cando se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica nalgún dos propietarios da vivenda.

Ademais, poderá concederse unha axuda adicional de ata 12.000 euros no caso de que sexa necesario retirar elementos con amianto.

Os propios concellos tamén poderán beneficiarse dos incentivos previstos neste programa para obras de urbanización, reurbanización ou mellora do entorno físico. O importe da axuda ao concello será dun 15% adicional sobre as contías máximas da axuda por vivenda. Ademais, recibirán 800 euros por vivenda rehabilitada para financiar a oficina municipal de rehabilitación.

No caso concreto da zona sur da Coruña, o reparto provisional prevé destinar 4,5 millóns de euros a Santiago de Compostela, 300.000 euros a Corcubión, 300.000 a Muros e 250.000 a Noia. No resto da provincia tamén forman parte do reparto provisional os concellos da Coruña, Betanzos, Cariño e Ferrol.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...