A XIV proba da Liga Galega de O-pé será o 19 de novembro cunha suba ao monte Iroite

02 Novembro 2022

O club sonense ADC Arnela confirmou unha nova data para XVI proba de “orientación a pé” no monte Iroite, na espectacular contorna do miradoiro da Balconada e arredores. Será finalmente o vindeiro 19 de novembro e formará parte da Liga Galega de Orientación a Pé. Amais, constitúe a derradeira proba da presente tempada 2022. Segundo informou o club sonense, xa está aberto un novo prazo de inscricións, até o domingo 13 de novembro ás 23.50 horas, para todas aquelas persoas que queiran participar. Por outra banda, quen desexe anular a súa inscrición tamén poderá facelo até esa data e seralle devolto o importe total do que tiveran aboado.

A pesar de ser unha proba federada, a participación tamén estará aberta ás categorías non federadas (iniciación); así que segundo explica a organización do evento deportivo representará “unha moi boa oportunidade para gozar deste fermoso e entretido deporte”.

As inscricións son a través da web da Federación Galega de Orientación ou do Facebook da federación.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.