A veciñanza de Porto do Son poderá mergullarse nos bailes de salón da man do Taller Alecrín

28 Novembro 2022

Os nosos concellos van achegar esta tempada interesantes oportunidades para para perfeccionar as nosas habilidades en diferentes modalidades de baile. Poderemos facelo a través os obradoiros da Asociación Alecrín, programa de actividades gratuítas para “a difusión e a promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella”. Entre os concellos onde se vai desenvolver o programa Bailas? do Taller Alecrín atópase o de Porto do Son (a través da Concellería de Cultura na Escola de Danza Municipal). Haberá dúas modalidades: linedance e baile social. As dúas teñen aberta aínda o prazo de inscrición.

O de linedance será os xoves de 20:30 a 21:30 horas. Esta modalidade, de práctica individual, vai indicada para persoas que desexen una toma de contacto cos diferentes ritmos de baile que van dende o swing ata o funky pasando pola bachata ou a kizomba.

O segundo, o de bailes de salón, celebrarase os xoves de 21:30 a 22:30 horas. Nesta modalidade, encamiñada á práctica en parella, poderanse practicar ritmos que van dende o vals ou o tango ata o jive, pasando polo chachachá ou a bachata.

Máis información en 698 150 432.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.