A totalidade dos concellos do Barbanza colaboran na campaña De Fronte da Deputación

14 Novembro 2022

A Deputación da Coruña, a través da súa area de Igualdade e co apoio dos Concellos, vai celebrar o 25-N a través dunha nova edición do seu programa De Fronte, activo xa na páxina web defronte.gal, que actúa de espazo referencial para consultar as actividades previstas.

Segundo fixo saber María Muíño, deputada de igualdade, para este 25-N manterase a mesma imaxe e lema que en edicións anteriores e, ao seu abeiro, volveranse programar unha serie de actividades tanto presenciais como en liña para “contribuír a poñer freo á violencia machista e xeral un amplo movemento social para crear conciencia de igualdade fronte ao feminicidio”.

Ao programa volven estar adheridos todos os concellos da nosa comarca: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Noia, Lousame, Dodro e Outes.

Nesta edición de 2022, a campaña De Fronte da Deputación da Coruña contara coa adhesión de 88 concellos ademais de 59 entidades de carácter social, educativo, sectorial, cultural e deportivo.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.