A Pobra engalana os espazos verdes con plantas de tempada

11 Novembro 2022

A Pobra do Caramiñal prepara os espazos verdes para o presente outono.

Segundo explica a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), ás tarefas de poda en espazos públicos, súmase o embelecemento con plantas de tempada.

A brigada municipal de xardinaría comezou xa coa colocación de máis de 1250 unidades entre violas, ciclamino vermello, pensamentos e leucophytas en diversas localizacións como os Xardíns de Valle-Inclán, praza de Galicia ou rúa Castelao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.