A pianista boirense Elsa Muñiz presentou  “Navegando o camiño” no Pazo de Goiáns

25 Novembro 2022

A pianista boirense Elsa Muñiz presentou este venres a súa nova contribución audiovisual-musical. Trátase do vídeo Navegando o camiño, unha produción audiovisual e musical que amosa a beleza natural, humana e cultural da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla do Camiño de Santiago no que colabora o Concello de Boiro.

A beleza dun Camiño, o do Mar de Arousa e Río Ulla; o talento feminino e emerxente, o da pianista Elsa Muñiz; e unha innovadora posta en escena son os ingredientes de Navegando o camiño, un proxecto no que a música e a creación audiovisual se fusionan para enxalzar os valores naturais, humanos e culturais deste itinerario xacobeo que conmemora a translación dos restos do Apóstolo Santiago no seu último tramo. Producido por Sonaxe Producións, Navegando o Camiño está co financiado pola Xunta de Galicia dentro do programa O Teu Xacobeo.

Elsa Muñiz (Boiro, 1992) amosa interese pola música e aos seis anos empeza a asistir a clases de piano. A súa formación profesional pasa por conservatorios e universidades de Galicia e do estranxeiro. Comeza no Conservatorio Profesional de Ribeira co Grao Elemental e Profesional en Piano para logo realizar o Grao Superior no Conservatorio de Música de Vigo e na Universidade de Música Fryderyk Chopin de Varsovia, institución esta última na que ampliou a súa formación pianística a través de estudios de posgrao.

O gusto pola ensinanza e a pedagoxía tamén afloran desde a súa nenez, de maneira que decide combinar os seus estudos musicais coa formación pedagóxica na Universidade de Santiago de Compostela a través do Grao en Mestre de Educación Primaria, con Mención en Educación Musical e Inglés.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.