A pianista boirense Elsa Muñiz presenta Navegando o camiño no Pazo de Goiáns

24 Novembro 2022

A pianista boirense Elsa Muñiz vai presentar esta semana a súa nova contribución audiovisual-musical. Trátase do vídeo Navegando o camiño, unha produción audiovisual e musical que amosa a beleza natural, humana e cultural da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla do Camiño de Santiago no que colabora o Concello de Boiro. A cita será ás 20.00 horas no Pazo de Goiáns.

Elsa Muñiz (Boiro, 1992) amosa interese pola música e aos seis anos empeza a asistir a clases de piano. A súa formación profesional pasa por conservatorios e universidades de Galicia e do estranxeiro. Comeza no Conservatorio Profesional de Ribeira co Grao Elemental e Profesional en Piano para logo realizar o Grao Superior no Conservatorio de Música de Vigo e na Universidade de Música Fryderyk Chopin de Varsovia, institución esta última na que ampliou a súa formación pianística a través de estudios de posgrao.

O gusto pola ensinanza e a pedagoxía tamén afloran desde a súa nenez, de maneira que decide combinar os seus estudos musicais coa formación pedagóxica na Universidade de Santiago de Compostela a través do Grao en Mestre de Educación Primaria, con Mención en Educación Musical e Inglés.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.