A axenda de Noia desta finde vén con teatro infantil, cine, música e unha homenaxe a Maxi Olariaga

11 Novembro 2022

Esta fin de semana será un fervedoiro de actividades en Noia, da man da Concellería de Cultura que dirixe José Pérez e outras entidades (por exemplo Barbantia). Haberá unha homenaxe a Maxi Olariaga, teatro infantil, música e cinema. Esta é a folla de ruta que cómpre que teñamos en conta para non perdernos:

Espectáculo Martiño e o paraugas máxico. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas o venres 11 de novembro. Inscricións a través do correo programacionconcellodenoia@gmail.com.

Homenaxe a Maxi Olariaga. Este sábado 12 de novembro ás 19:30 terá lugar no edificio Casino de Noia un acto homenaxe ao escritor noiés Maxi Olariaga, onde intervirán diferentes persoas do mundo artístico e cultural. Organizan a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello. As persoas que queiran acudir deberán confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico homenaxemaxiolariaga@gmail.com ou chamando ao 633 678 905.

Proxección de The Father, de Florian Zeller. Sesión de cine este sábado día 12 coa película The Father. O Coliseo Noela acollerá este filme ás 20:30 horas. Non fai falta reservar invitación, a entrada será libre ata completar o aforo.

Concerto Has de Cantar, de Rosalía Trío. O vindeiro domingo 13 de novembro terá lugar no Coliseo Noela ás 20:00 horas o concerto Has de Cantar de Rosalía Trío. A entrada é libre ata completar o aforo. Interpretaranse pezas do álbum Has de cantar presentado en 2022. A agrupación Rosalía Trío está integrado por María José Ladra, mezzo, Juan Pérez Berná oboe e corno inglés e Margarita Viso, piano 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...