A Atención Temperá galega sopra na Pobra as candeas do seu 25 aniversario

26 Novembro 2022

Pasado, presente e futuro foron os tres eixos sobre os que se vertebrou a gala celebrada no teatro cine Elma da Pobra do Caramiñal para conmemora-los vinte e cinco anos da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT).
Na inauguración do acto, o presidente da entidade, Xaime Ponte, puxo en valor a Rede creada, a cal describiu como “un exemplo, un modelo para toda España” que destaca pola súa proximidade e humanidade, “que sabe escoitar, acoller e acompañar” para conseguir troca-lo medo por confianza.
Un cuarto de século de traxectoria ao servizo da cidadanía galega, tal e como enxalzou o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón: “vinte e cinco anos de traballo, esforzo, prestar apoio e ilusión” coa meta marcada de contribuír a “facer de Galicia un lugar mellor para vivir.”
Con relación ao CAD pobrense, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), salientou que o Servizo de Atención Temperá medra, tanto en número de crianzas coma de persoal, prestando apoio a familias da Pobra, Ribeira e Boiro. Constitúe, polo tanto, “un servizo moi necesario” que seguirá contando co respaldo institucional.
Deseguido foi a quenda de lembrar o panorama galego a este respecto. A directora do CAD pobrense, Julia Rial, debullou o proceso evolutivo dende 1987, ano no que Galicia só conta con centros base na Pobra, Lugo, Ferrol, A Coruña e Ourense para, co paso das décadas e a persistencia de familias e profesionais, chegar ao 2022 cun total de 45 servizos repartidos por todo o territorio galego que dan soporte a 174 concellos. Un cambio no que tivo suma importancia a creación da AGAT no 1997. A proxección dun vídeo complementou o exposto a través dos testemuños de familias, profesionais e cargos institucionais. Tamén houbo oco para imaxina-lo futuro. Responsables dos Servizos de Atención Temperá de seis concellos participaron nunha mesa redonda para explica-la dinámica, experiencia, necesidades e recursos de cada un dos centros.
A celebración por todo o alto chegou coa última das actuacións a cargo do grupo do CAD pobrense, cun espectáculo de sombras para escenificalo papel decisivo que xoga a AGAT na sociedade, para concluír cunha explosión festiva coa que levantar ao público dos seus asentos. O equipo xa demostrara o seu talento previamente coa interpretación dunha canción de creación propia e a proxección do videoclip.
A xornada finalizou nun restaurante da localidade cun xantar no que estreitar lazos e intercambiar impresións.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...