A ABE lanza unha nova edición da campaña #RegalaBoiro

04 Novembro 2022

A Asociación Boirense de Empresarios vén de lanzar unha nova edición campaña #RegalaBoiro, cuxo obxectivo, novamente, é fomentar as compras a través os aguinaldos empresariais. A metodoloxía seguida será a seguinte: póñense en xogo unha serie de bonos-regalo, dispoñíbeis durante todo o ano, co fin de que os utilicen as empresas para obsequiar ás súas traballadoras e traballadores durante a época de Nadal. No que vai de 2022 vendéronse bonos por importe de 8.815 euros que repercutiron positivamente nos negocios asociados. Este venres 4 estreouse o anuncio da campaña deste ano.

Os bonos-regalo da ABE

Os bonos-regalo da ABE están activos durante todo ano, a disposición dos clientes de Boiro para que poidan utilizalos para agasallar a quen queiran e cando queiran (Nadal, aniversario, días especiais ou calquera outra ocasión). Agora, de cara ao Nadal, a patronal pon en marcha unha campaña publicitaria denominada #RegalaBoiro pola que pon os bonos a disposición das empresas para utilizalos no tradicional aguinaldo que ofrecen aos seus empregados cada remate do ano.

O anuncio da campaña xa está dispoñíbel para visualizar nas plataformas Youtube e Vimeo así como nas redes sociais da ABE; Facebook, Instagram e Linkedin, para velo so temos que premer nas ligazóns ou buscar #RegalaBoiro.

Neste intre, froito do traballo realizado, a ABE xa conta con varias empresas que van a utilizar os bonos para regalar aos seus traballadores (ou para complementar as tradicionais cestas de Nadal).

Vantaxes

1. Están adaptados aos gustos e necesidades de cada persoa xa que podemos usalos en calquera dos preto de 200 socios e socias da ABE.

2. O seu consumo é local, repercute nas propias empresas do pobo, nos nosos veciños e veciñas

3. Amósase unha imaxe de unidade do tecido empresarial de Boiro e aportan a ABE unha presencia moderna e adaptada aos novos tempos.

4. Eliminan o problema de “non sei que regalar” ou o de “gustaralle?”

5. Pero sobre todo … estamos regalando “Boiro”!

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...