Ziralla, Fixius e Orlando chegan líderes á terceira etapa da Rega Alca

07 Outubro 2022

Este sábado, con saída prevista para as 14:00, darase a saída á terceira manga da clásica regata de outono na ria de Arousa, a Regata ALCA, organizada polo Club Náutico Arousa Norte (A Pobra do Caramiñal) e co patrocinio da firma compostelá ALCA.

Con todo por decidir chega a frota ao ecuador da proba, e grazas aos primeiros postos obtidos nunha segunda manga espectacular, con ventos do nordeste duns 15 nós, Ziralla, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club, Fixius, de Miguel Pérez Lafuente, do Náutico de Vilagarcía e Orlando de Gerardo Sánchez Brunete, representando ao club organizador, chegan a este terceira etapa no alto das clasificacións.

Para esta terceira etapa a previsión é de ventos de compoñente norte de pouca intensidade, o que, segundo a dirección do club pobrense, “pode contribuír a unha regata moi técnica polo interior da ría, na cal moitas embarcacións poden sorprender aos líderes”.

Na clase Regata espérase que embarcacións a priori favoritas como o local Chispetren ou o flamante
First 50 Corsario lle poñan as cousas difíciles ao Ziralla, que demostrou na última manga que vai pelexar
ata o final por levar ás súas vitrinas o trofeo de vencedor nesta clase.

En Cruceiro-Regata domina o Fixius, pero en segundo posto está José Manuel Pombar e o seu Cámping Ría de Arousa, que nunca dá unha regata por perdida ata que se cruza a liña de chegada e tentará recortar puntos ao barco vilagarcián. Barcos do nivel do Piko Norte ou o Mauritania pelexarán por sorprender nesta disputada división.

Entre o cruceiro un primeiro posto para o Galopín e outro para o Orlando fai que este último chegue líder a este terceira manga, pero empatado a puntos co barco do Náutico de Ribeira, outros contendentes, como o clásico Thor II, de Guillermo Varela, non lle poñerá as cousas fáciles aos a priori favoritos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...