Xoves seguimos con choiva que nos trae a borrasca Armand. AEME informa dun fenómeno meteorolóxico adverso na nosa costa

19 Outubro 2022

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de informar dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por costeiros, que afectará ás provincias da Coruña e de Pontevedra.

Máis de mil raios se rexistraron a pasada madrugada con saraiba, fortes choivas e ventos de ata 100 km/h que deixan unhas 60 incidencias en toda Galicia. Na comarca rexistraronse caídas de árbores e a compañía de distribución eléctrica apuntou incidencias en Porto do Son, Rianxo, Outes, Ribeira y Lousame.

Este xoves non se agardan cambios significativos xa que Galicia segue na influencia da profunda borrasca situada ao oeste que nos enviará unha nova fronte activa. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con precipitacións, localmente moi fortes e de carácter tormentoso, que comezarán a rexistrarse no oeste durante a mañá e que a partir do mediodía chegarán a toda Galicia. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, con refachos puntualmente moi fortes.

Atención para xoves:

Chuvias puntualmente moi intensas e acompañadas de aparato eléctrico. Refachos de vento localmente superiores aos 70-80 km/h.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 15° 20°
Temperatura da auga (°C) 15°
Índice ultravioleta máx. 2
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 7 a 8 á mañá, 6 a 7 á tarde e 5 a 6 á noite. Vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do sudoeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e 4 a 5 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:312.6 m
Baixamar07:271.6 m
Preamar13:422.9 m
Baixamar20:071.3 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:232.6 m
Baixamar07:201.6 m
Preamar13:352.9 m
Baixamar20:011.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:262.6 m
Baixamar07:231.6 m
Preamar13:382.9 m
Baixamar20:041.3 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...