Un voluntarioso Rotogal Boiro Voleibol regresa sen carga do derbi contra o Arenal Emevé

08 Outubro 2022

El Arenal Emevé adxudicouse o derbi galego da Superliga por 3-0.
Miguel Alvarez.- O Rotogal Boiro Voleibol ofreceu unha actuación irregular en Lugo e, aínda que asinou momentos de bo
xogo, tamén atravesou unha profunda fochanca na segunda manga que o deixou ao bordo do K.O.
técnico.
El Arenal Emevé controlou o xogo no primeiro parcial. O Rotogal Boiro Voleibol, que rendeu de maneira
notable na recepción, buscou a Gaby do Carmen no apartado ofensivo. Con todo, os
lucenses fóronse axustando e, cun palpable dominio na rede e unha mellor defensa sobre o
receptor vigués, acabaron anotándose o parcial por 25-18.
A segunda manga do Rotogal Boiro Voleibol foi para esquecer. Aos visitantes non lles saíu nada #ante
un Arenal Emevé que, esporeado polo seu dominio, acabou gozando sobre o parqué e asinando un
contundente 25-13 co que deixaba encarrilado o choque.
No terceiro set, o Rotogal Boiro Voleibol reaccionou e mostrou unha imaxe moi competitiva. Con boas
prestacións na recepción e no saque, e con Gaby do Carmen como referente ofensivo,
os visitantes mandaron durante boa parte do parcial. Con 15-18 en contra, o Arenal Emevé
reordenou as ideas e, tras elevar a intensidade, acabou remontando (25-22) para clausurar o derbi pola
vía rápida.

Arenal Emevé, 3: Víctor Bouza, Aurelio Rodríguez, Linares, Vitao, Romaní, Ferreira e Gallardo
(líbero). Barrasa (líbero), Anier Mariño, Anane e Biliato.
Rotogal Boiro Voleibol, 0: Alan Davila, Mario Iglesias, Jaime Arjones, Gaby del Carmen, Héctor
Barro, Juan Quelle y Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez, Alberto Tubío, Martín
García e Aarón Vidal.
Sets: 1-0 (25-18), 2-0 (25-13) y 3-0 (25-22).
Árbitros: Diego Rodríguez e Héctor González.
Incidencias: Partido da Superliga disputado no Pavillón Municipal de Lugo ante uns 250
espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.