
Miguel Álvarez..- O Rotogal Boiro Voleibol caeu por 0-3 #ante o Río Duero Soria nun encontro no que, a pesar da derrota, ofreceu detalles de crecemento. Os de Emilio Palacio asinaron a actuación máis completa do curso, pero careceron de pegada ofensiva en momentos clave para poder plantarlle máis cara ao rival.
Unha xornada máis, o Rotogal Boiro Voleibol mostrou que, como local, ofrece unha imaxe máis competitiva que a domicilio. Os da Cachada realizaron o mellor encontro do curso en defensa e
no bloqueo, aínda que careceron da consistencia doutros compromisos na recepción. Con todo,
a melloría foi insuficiente para tomar a dianteira #ante un Río Duero Soria que se anotou o primeiro set por 18-25.
Na segunda manga, os visitantes mostraron unha maior contundencia no xogo e lograron despegarse no marcador de maneira clara. Con todo, o Rotogal Boiro Voleibol non baixou os brazos e tratou de competir ata o desenlace. Finalmente, os sorianos levaron o gato á auga por 20-25. O terceiro set foi o máis equilibrado do encontro. O Rotogal Boiro Voleibol manobrou ben polo centro e elevou as prestacións para sumar puntos tanto no bloqueo como no saque directo. Todo parecía encamiñado a un desenlace de infarto (18-18). Pero os da Cachada cometeron algúns erros non forzados que, sumados a unha lixeira falta de pegada ofensiva, desembocaron no peche do choque por parte do Río Duero Soria (21-25).

Rotogal Boiro Voleibol, 0: Mario Iglesias, Jaime Arjones, Gaby del Carmen, Héctor Barro, Pablo
Nieto, Alan Davila y Adrián Alves. Tamén xogaron Aarón Vidal, Ismael Martínez e Martín García.
Río Duero Soria, 3: José Villalba, Mario dos Santos, Juan Pablo Moreno, Pelegrín Vargas,
Doménech, Lorente e San Martín. Tamén xogaron Belda, Pyvovarenko, Jaime Pérez e Manuel
Salvador.
Sets: 0-1 (18-25), 0-2 (20-25) y 0-3 (21-25).
Árbitros: Alexis Fuentes e Noelia Navarro.
Incidencias: Partido da Superliga disputado bo Pavillón de A Cachada ante uns 300 espectadores.