Un competitivo Rotogal Boiro Voleibol da a cara contra o Unicaja Almería

02 Outubro 2022

Miguel Álvarez.- O Rotogal Boiro Voleibol ofreceu unha gran imaxe no debut na Superliga. Cun equipo que presentaba moitas novidades e a baixa dos seus tres estranxeiros, competiu de ti a ti contra o Unicaja Almería, o vixente campión. Os andaluces fixeron valer a súa maior experiencia para pechar o choque pola vía rápida (0-3).
O Rotogal Boiro Voleibol deu boas sensacións desde o inicio. Con debutantes como Héctor Barro ou Jaime Arjones no equipo, plantáronlle cara a un Unicaja Almería que empezou o partido con contundencia.
Un parcial de 0-4 no arranque serviulles aos visitantes para marcar o territorio e para asumir unha dianteira que xa non abandonarían ao longo do primeiro set (20-25).
O equipo de Emilio Palacio elevou o rendemento na segunda manga, cando chegou a colocarse por diante en varias fases do xogo. Con todo, o Unicaja Almería espremeu o seu potencial no saque e as boas prestacións no bloqueo para aferrarse ao set. O Rotogal Boiro Voleibol puido adxudicarse o segundo parcial, pero acabou cedendo por un axustado 23-25.
No ecuador do terceiro set, o Unicaja Almería marchouse no marcador e aproveitou a situación para repartir minutos entre todos os seus efectivos. O Rotogal Boiro Voleibol non lanzou a toalla, pero non
puido remontar e pechou o parcial cun 22-25 en contra.

Rotogal Boiro Voleibol, 0: Alan Davila, Mario Iglesias, Jaime Arjones, Gaby del Carmen, Héctor
Barro, Juan Quelle e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez, Pablo Nieto e Aarón
Vidal.
Unicaja Almería, 3: Moisés Cezar, Bakonji, José María Giménez, Jorge Fernández, Marco Ferreira,
Víctor Rodríguez e Francisco Fernández (líbero). Tamén xogaron Raúl García, Andrés Portero, Pau
Delós e Javier Vizcaíno.
Sets: 0-1 (20-25), 0-2 (23-25) y 0-3 (22-25).
Árbitros: Francisco Sabroso e Ainhoa Saiz.
Incidencias: Partido da Superliga disputado no Pavillón de A Cachada ante uns 350
espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...