Ugia Pedreira e Quico Cadaval no episodio de Referentes de outubro

24 Outubro 2022

A Deputación da Coruña confirmou que a Ugia Pedreira (Foz, 1970) e Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960) son os protagonistas do episodio da serie web Referentes do mes de outubro, que se poderá ver a partir das 12 horas do venres 28 de outubro no Facebook e máis no Youtube da área de Cultura da Deputación da Coruña.

A vida enriba dos escenarios, as mulleres das súas vidas, a música, as artes escénicas, a retranca, e os comezos das súas respectivas carreiras, centran a conversa neste novo episodio da tempada, que é, segundo confirmou a entidade provincial, o penúltimo do ciclo.

Ambos contestarán, ademais, á pregunta que os referentes do anterior episodio (María Reimóndez e Oliver Laxe) lles deixaron formulada: dunha banda “que conten algunha experiencia que tivesen na colectividade e que experimentasen como algo transformador”, e por outra “que indiquen que lles falta para ser máis coherentes ou estar máis conectados cos seus corazóns”.

Nesta segunda tempada de Referentes, que se estreou o pasado mes de abril, participaron Margarita Ledo en conversa con Xabier Fortes, Melania Freire con Pepe Barro, Pepe Solla con Manuel Gago, María Reimóndez con Oliver Laxe, e Ugia Pedreira con Quico Cadaval. A segunda tempada de Referentes rematará cun último episodio no mes de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.