Trinta e dous ribeirenses maiores de 50 anos aumentan a súa formación académica co IV ciclo USC

04 Outubro 2022

O curso 2022-2023 tamén comeza para os maiores de 50 anos coa inauguración do IV Ciclo da USC con sede en Ribeira. Esta iniciativa xorde en 2019 grazas ó convenio entre a USC e o concello para crear unha sede universitaria no municipio.
Neste curso que agora comeza, un total de 32 veciños e veciñas maiores de 50 anos poderán ampliar a súa formación académica cumprindo co obxectivo do ciclo, a democratización dos estudos universitarios.
O alumnado cursará as seguintes materias: Historia do Pensamento: Introducción á Filosofía de Oriente e Occidente, Literatura Galega, Actividade Económica e Empresa, Fundamentos de Bioquímica Humana, Historia da Medicina e da Ciencia e, por último, Historia da Pintura.
No acto inaugural estiveron presentes a concelleira de Educación, Juana Brión, Esther Olveira, directora do Programa Universitario de Maiores e o catedrático, Marcelino Agís Villaverde, quen, tras dar a benvida ós alumnos, relizou unha ponencia sobre Historia do Pensamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.