Tres coches chocan deixando catro feridos no corredor Santiago-Noia

Tres coches colidiron no punto quilométrico 13 en sentido Noia e á altura do concello de Brión. R

Por mor do impacto, catro persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Xallas e o GES de Brión. Tras ser liberada, foi evacuada nun helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente uns minutos antes das 9:30 horas, a través de varias persoas particulares que presenciaron os feitos.

Acto seguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Brión, dos Bombeiros de Xallas, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do servizo de mantemento da vía.

Cómpre sinalar que os servizos de emerxencia desprazados tamén aseguraron as condicións de seguridade na vía de circulación,  o que implicou a interrupción do tráfico nun carril sentido Noia. A circulación quedou restablecida completamente ao fío das 12:15 horas.