Sole Felloza leva a Rianxo a súa maleta viaxeira

24 Outubro 2022

Este 28 de outubro a Biblioteca Municipal de Rianxo vai recibir a visita da narradora Sole Felloza, que ofrecerá ante as crianzas o espectáculo As viaxes fantásticas dunha maleta. Será este venres ás 18.00 horas. Trátase dunha función dirixida a público infantil e familiar, a partir dos tres anos.

Neste contacontos, Sole Felloza achegaranos á historia de Carlota, a maleta viaxeira, que aventurará ás crianzas asistentes en viaxes a outros países e épocas.

Soledad Felloza dedícase á narración oral desde hai 25 anos. Tamén é docente, actriz, fotógrafa, escritora de literatura infantil e xuvenil e dramaturga, cunha ampla formación no campo do teatro e no eido dos contos. Recibiu o Premio Europeo ao mellor conto para nenos e nenas por A cociñeira do rei (Editorial Oqo). O seu programa de radio La casa disparatada foi declarado pola UNESCO de interese por mor da súa contribución á difusión dos dereitos da infancia. Ten editados discos de contos para nenos baixo o titulo De Tin Marín, esgotados neste momento

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...