Servizos Sociais de Ribeira organiza un obradoiro de debuxo urbano para a mocidade de entre 16 e 19 anos

14 Outubro 2022

A Concellería de Servizos Sociais de Ribeira, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, organiza un obradoiro gratuíto de debuxo urbano para mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 19 anos e con afección ao debuxo. A escola profesional de banda deseñada e ilustración profesional de Pontevedra, a escola O Garaxe Hermético, será a encargada de impartir esta actividade, que se desenvolverá ao aire libre, o mércores 19 de outubro en horario de 16h a 20h.

As persoas participantes debuxarán a antiga fábrica de salgadura de Punta do Castro en Castiñeiras, empregando lapis e grafito acuarelábel (art graft), para, en palabras da organización da actividade, “poñer en valor o patrimonio etnográfico e ecolóxico da nosa contorna”.

Non precisarán levar ningún material.

Este obradoiro estase a impartir en varios concellos de Galicia co obxectivo de reivindicar a paisaxe e o entorno “dende un punto de vista de concienciación ecolóxica e sustentábel”. Con posterioridade elaborarase un libro, cos debuxos realizados e os textos do escritor Manuel Lourenzo González, que se distribuirá entre as persoas que participen na actividade.

Para formalizar as inscricións ou ampliar información cómpre contactar co Departamento de Servizos Sociais a través do correo electrónico: servizossociais@ribeira.gal ou no teléfono 981377512. O prazo de inscrición remata o 18 de outubro.

O Concello de Ribeira é socio colaborador do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dende hai mais dunha década. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro integrada por administracións locais de Galicia unidas pola vontade común de contribuír á erradicación das desigualdades Norte-Sur, a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento con países empobrecidos e a sensibilización social en Galicia. Para ampliar información sobre esta plataforma pódese consultar a web www.fondogalego.gal.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.