Seguirán pechadas as concesións da confraría de Noia por toxina

08 Outubro 2022

As mostras recollidas este venres nas concesións da confraría de Noia aínda que baixaron nos niveis de toxina PSP pasando de 1.500 microgramos equivalentes por quilo a 800, deron positivo tanto na zona da Misela e na que ía iniciarse a campaña, como no Testal.

O no rexistrarse dous resultados negativos consecutivos nun intervalo de 48 horas, o peche previsto para a próxima semana polo Intecmar continuará.

Mentres moitos mariscadores decidiron solicitar ao ISM axudas polo peche forzoso da actividade, dado que carecen de ingresos e déronse de alta na Seguridade Social para iniciar a actividade o 26 de setembro. Os certificados que xustifican a inactividade expídense na confraría de Noia, que tamén subiu á súa páxina web unha copia do impreso.

Outros artigos

Coche envorcado no río en Outes

Ocorreu ao fío das 1:30 horas da madrugada no Paseo do Muelle, e foi un dos implicados quen contactou co 112 Galicia para explicar que o seu coche acabara envorcado no río e que, aínda que saíran ao exterior, non conseguían chegar á beira. A auga chegáballes á...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...