Sarabela Teatro chega este venres a Rianxo para representar Morgana en Esmelle

14 Outubro 2022

Sabarela Teatro estará este venres 14 de outubro en Rianxo para representar o seu espectáculo Morgana en Esmelle, no Auditorio Municipal a partir das 21.00 horas. Trátase dunha función de balde (até completar capacidade) para público de máis de 12 anos. A recollida de convites farase dende unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo dous por persoa).

A peza cóntanos a historia de Morgana, a medio irmá e amante de Artur, xusto no intre en que entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Morgana en Esmelle é unha reflexión que xira ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos: un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.

A obra está baseada nunha das pezas máis destacadas da nosa literatura recente: a novela do mesmo nome da tristemente falecida Begoña Caamaño, á súa vez debedora de Merlín e familia de Cunqueiro. Morgana en Esmelle foi no seu día un éxito de lectores e máis de crítica (recibiu o Premio Ánxel Casal, Premio Losada Diéguez, Premio ALG, Premio Nacional da Crítica).

Sarabela Teatro quixo con esta adaptación teatral establecer un diálogo directo coa súa autora para “devolver ás espectadoras e espectadores unha parte pequena do seu universo único”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.