Regresan os Premios ABE á Excelencia Empresarial

24 Outubro 2022

Ser unha empresa innovadora, puxante, responsábel socialmente e creativa, vai ter premio novamente en Boiro. Así o confirmou este luns 24 de outubro a Asociación Boirense de Empresarios (ABE), que presentou unha nova edición dos seus Premios á Excelencia Empresarial, que xa ten aberto período de votacións. A patronal fixo balance tamén da anterior convocatoria: un éxito de participación e repercusión, con máis de 120 persoas asistentes á gala de entrega de galardóns.

As empresas asociadas xa poden votar para elixir entre os 200 socios da patronal quen serán a mellor empresa e o mellor comercio de 2022. Para votar só terán que acceder ao formulario que vai ser habilitado en liña e elixir os seus comercios e empresas favoritas. Teñen de prazo dende hoxe e ata o luns 7 de novembro.

Ademais deses dous premios a directiva da ABE outorgará o premio de honra a unha empresaria ou empresario recoñecendo a súa traxectoria e contribucións á economía local.

A gala deste ano celebrarase novamente na Pousada da Galiza Imaxinaria o venres 18 de novembro. Contarase con presentador, música en directo, photocall, agasallos, bebida e comida para todas as persoas asistentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.