Recepción a Pilar Barros e Jorge Candán, campións europeos de vídeo submarino

20 Outubro 2022

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participou esta tarde xunto co presidente do Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz, Manuel Fajardo, na recepción de Jorge Candán e Pilar Barros, deportistas membros do Club Náutico de Boiro, que veñen de quedar campións de Europa na modalidade de vídeo submarino.
As medallas de ouro acadadas no campionato europeo nas modalidades de vídeo editado e vídeo sen edición na proba disputada na illa de Madeira, súmanse ás acadadas xa no campionato nacional. “É un orgullo que estean acadando estes premios a nivel internacional e que leven o nome do náutico e
de Boiro por todo o mundo”, afirmou o alcalde.
“Llevamos muchos años siendo socios de este Club Náutico que nos brinda un gran apoyo para participar en estas competiciones”, afirmou Jorge Candán, que fixo mención á biodiversidade da nosa ría e de Galicia e a importancia de divulgar esta modalidade.
O vindeiro ano será o campionato do mundo, no que teñen intención de participar. “Ter campións de España e Europa e telos aquí no Náutico é para nós un gran orgullo e seguro que van seguir acadando grandes logros tanto en foto como vídeo submarino”, afirmou Manuel Fajardo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.