Portosín celebra o Día da Bici este 22 de outubro

18 Outubro 2022

O vindeiro 22 de outubro a veciñanza de Porto do Son e da nosa comarca vai conmemorar os hábitos saudábeis e medioambientalmente responsábeis en materia de transporte e mobilidade. Estamos a falar do Día da Bici, que se celebra este sábado en Portosín.

Será unha ruta inclusiva, aberta e participativa de cinco quilómetros, aberta á cativada (de máis de seis anos) e a ciclistas de todas as idades e condicións físicas. O programa de actividades inclúe sorteos e xogos. As persoas interesadas en acudir coa súa bici terán que inscribirse na Oficina de Deportes do Concello do Porto do Son, organizador da quedada ciclista xunto co CEIP de Portosín e o Club Ciclista Sonense.

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...