Portos retira do peirao de Ribeira para desmantelamento as embarcacións “Rey Novo” e “Nécora”

07 Outubro 2022

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, procedeu hoxe á retirada do porto de Ribeira das embarcacións Rey Novo e Nécora, ambas en estado de abandono. Esta actuación é o resultado dunha
complexa tramitación administrativa ante a falta de resposta dos seus titulares, aos que se instou a asumir a tarefa directamente por ser súa a responsabilidade. A Xunta contratou os traballos por importe de máis de 10.000 euros que adiantará o ente público.
As tarefas consisten na retirada e desmantelamento das citadas embarcacións, previodespece no propio porto para poder ser transportadas e culminar o proceso nun estaleiro.
Posteriormente, os residuos trasladaranse ao xestor autorizado para o seu tratamento.
Estas dúas embarcacións engádense ao Eros 2 e ao L’Etel, que tamén foron retirados en estado de abandono no porto de Ribeira nos últimos anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.