Paco Nogueiras está este domingo en Porto do Son co espectáculo C@nto contigo

19 Outubro 2022

Ao abeiro do programa FalaRedes 2022, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, Porto do Son vai recibir a visita esta fin de semana do músico e multiinstrumentista galego Paco Nogueiras, que ofrecerá á rapazada local (e tamén aos maiores) o espectáculo C@nto contigo. Será este domingo 23 de outubro ás 17.30 horas, na Casa da Cultura de Porto Son. Non será preciso retirar entrada.

Neste espectáculo Nogueiras dá un novo paso adiante no seu incansábel labor de achegar á nenez a múltiples estilos e propostas musicais, co engadido extra de facelo en galego.

C@nto contigo é unha proposta onde a música, o baile e as risas farán que saquemos a nosa lingua a voar, achegando o galego á xente miúda e ás súas familias de xeito lúdico e divertido. Retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Un percorrido por cancións da súa traxectoria percorrendo un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

Lalín ten o premio de Gastronomía máis prestixioso de España, que leva o nome de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escritor, xornalista e gastrónomo mindoniense. O realismo dunha terra de paisaxes que semellan un tapiz multicolor, onde a xeografía se admira sobre un lenzo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.