Outes presenta este venres os detalles da V Mostra de Cinema Documental Martes da Fin do Mundo

19 Outubro 2022

A V Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo organizada polo Concello de Outes co obxectivo de reivindicar o audiovisual envorcado no medio mariño, na nosa relación con el e os esforzos que se están a facer para preservalo, vai ser un dos grandes acontecementos culturais da tempada na nosa comarca, en Galicia e alén da nosa xeografía. Para dar a coñecer estas novidades o Concello estará este venres 21 no Centro Náutico do Freixo, Outes, a partir das 12.00 horas.

Segundo avanzou o Concello, este ano a mostra terá un programa de 5 xornadas, entre o 28 de outubro e o 1 de novembro, cargadas de actividades culturais, lúdicas e formativas. Haberá 20 filmes internacionais, estatais e galegos que se proxectarán na Casa da Cultura de Outes. Ademais haberá actividades paralelas dirixidas a todos os públicos.

Para presentar as actividades e o cartel da mostra estará o alcalde de Outes, Manuel González e o director de Mares da Fin do Mundo, Marcos Gallego.

Lugar: Centro Náutico do Freixo (Outes)

Hora: 12:00 horas

Día: venres 21 de outubro

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.