“Ou Galicia se mobiliza en defensa da frota ou vai ser imposible unha solución ao veto á pesca de fondo”. Antón Luaces

05 Outubro 2022

O BARBANZA COA FROTA EN RIBEIRA. SÁBADO 8 DE OUTUBRO PRAZA DO CONCELLO RIBEIRA

O luns que ven entrará en vigor o Regulamento da UE que prohíbe a pesca con artes de fondo en augas atlánticas dunha extensión superior aos 16.000 quilómetros cadrados. Esta circunstancia afectará a varios milleiros de mariñeiros galegos ou residentes en Galicia, tripulantes dos máis de 200 barcos que se verán afetados por esa medida aprobada vai nove días polo Consello de Ministros de Pesca da UE. A Galicia pesqueira está en contra da medida e demanda accións tanto por parte do Goberno como pola da Xunta que evite a paralización ou mesmo o despezamento  da frota.

O sindicato nacionalista CIG fixo este ,martes un chamado a artellar unha “ofensiva xudicial, institucional e movilizadora” contra ese veto da UE á pesca de fondo en 87 zonas declaradas “sensibles”, o que supón “un duro golpe para a frota galega e unha amenaza para milleiros de empregos no país. O secretario xeral do sindicato, Paulo Carril, anunciou este martes que están a preparar xa a presentación dun recurso contra a decisión comunitaria. Reclamou ao mesmo tempo a adopción dun  recurso contra tal decisión e a adopción de medidas compensatorias inmediatas para as persoas e as empresas armadoras afetadas.

Paulo Carril e Xavier Aboi (máximo responsable do sindicato CIG-Mar) incidiron na urxencia de facer unha fronte común que dea unha resposta “contundente” á inminente aplicación deste Regulamento “devastador” para a pesca galega.

Ambos os responsables da CIG mantiveron contactos nos últimos días  con diferentes asociacións de armadores para abordaren a situación “de igual xeito que tentamos sen éxito facelo co Goberno español e a Xunta -afirmou Carril- para artellar unha fronte común que iniciase unha ofensiva xudicial coa presentación de tres recursos: un por parte de todos os sindicatos que representan aos traballadores afectados, outro polas empresas armadoras e outro polas institucións”.

Neste senso, adiantou que a CIG está a preparar a presentación do recurso contra o veto “tendo en conta que se atacan os intereses dos mariñeiros galegos”. Para a súa elaboración consultou coa Universidade da Coruña, en concreto cos departamentos de Dereito Laboral -especializado en asuntos marítimos- e de Dereito Internacional Público, así como coa Universidade de Santiago, coa que abordou a impacto socioeconómico da decisión.

Para a CIG o recurso non vai impedir a entrada en vigor do Regulamento, pero -dixo Carril- “pódese solicitar a adopción de medidas cautelares, tal e como demanda o propio sector para evitar a súa posta en marcha”. O atraso na resolución dese recurso “vai ser demoledor para a frota, segundo Paulo Carril, polo que non entendemos como é posible que a escasos días da aplicación do decreto, nen o Ministerio de Pesca nen a Xunta artellaran medidas compensatorias ata tanto dure a prohibición da actividade pesqueiras nesas zonas”-

Esixe o secretario xeral da CIG a constitución inmediata dunha mesa única na que estean representadas as administracións, as empresas e os traballadores, para abordar o que vai pasar a partir do vindeiro luns. “Preocúpanos moito que os desleixo dos gobernos se traduza nun amarre da frota ou no seu despezamento, no pior dos casos, que é o que semella estar a percurar a UE”. Por iso lembrou Paulo Carril unha consina moitas veces empregada polo sector ao longo de décadas: “Nin a España nin a Europa lles importa a nosa frota”.

A movilización será un elemento fundamental neste conflito, polo que a CKG chama a participar e sumarse á manifestación convocada en Ribeira para o vindeiro sábado. A CIG está a perfilar tamén  poñer en común un calendario movilizador que dea continuidade a esta primeira protesta.

Laióuse Carril de que a conselleira non teña convocado o Consello Galego de Pesca e que o ministro se dedique a facer “grandes” declaracións públicas pero “cero” actuación concretas ¡, así como que non  teñan confirmado de xeito “claro e rotundo” que van presentar recursos, estudar a interposición  de medidas cautelares e adoptar accións compensatorias.

Pola súa banda, Xavier Aboi dixo que se está a dividir ao sector por parte do ministro de pesca cando pretende reunirse coas distintas artes, sabedor de que a única reunión válida é a que se manteña con todo o sector en conxunto”. Engadiu que “o veto non afecta exclusivamente aos grandes caladoiros, senón tamén á pesca de baixura”. De aquí que demande unha resposta “conxunta e coherente” de todo o sector pesqueiro e da sociedade galega: “Trátase dunha decisión política e como tal hai que afrontala”. En definitiva, dixo, é un dos maiores ataques da UE a toda a frota galega” e agoira un aumento da conflitividade no mar “porwue pretenden que vaiamos pescar todos ao mesmo sitio”.

Foi rotundo Xavier Aboi ao afirmar que “ou este país se mobiliza en defensa da frota ou vai ser imposible atopar unha solución a curto prazo”- Tamén demandou medidas compensatorias inmediatas para paliar as perdas que se van producir no sector-

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...