Os socialistas galegos critican que Dodro reciba “cero euros” dos Orzamentos

28 Outubro 2022

A parlamentaria socialista Noa Díaz reuniuse co alcalde de Dodro, Xavier Castro, para pór sobre a mesa a falta de partidas fixadas nos Orzamentos galegos para o devandito concello, “malia as súas importantes necesidades en obras de saneamento”. Esta realidade, dixo, é aínda máis chocante se temos en conta “que os concellos limítrofes gobernados polo PP recibirán financiamento, precisamente cubrindo a totalidade do custo das obras para saneamento”.

A deputada socialista viaxou ata a localidade para cualificar de “desleixo” a actitude da Xunta co municipio, “ao figurar cero euros de investimento no concello no proxecto de orzamentos partidista e electoralista que están presentando durante toda esta semana no Parlamento galego”. Nas súas palabras, “estase a producir un agravio comparativo ao recibir os concellos lindeiros gobernados polo PP, cartos para obras de saneamento por parte de Augas de Galicia, precisamente o que demandan dende o Goberno local”.

Acompañada do alcalde, Xavier Castro, a socialista explicou que “mentres que aos gobernos do PP páganlle a totalidade da obra de saneamento, aos de distinta cor política, nomeadamente o concello de Dodro cunha alcaldía socialista, póñenlles escusas e invéntanse formulas como pagar a obra a partes iguais entre concello, deputación e Xunta”.

Ante estas “necesidade urxentes” dos veciños e veciñas da localidade dodrense, Díaz anunciou que dende o Grupo Socialista presentaranse emendas parlamentarias para “reverter a situación” e “garantir que teñan acceso a un dereito básico nun país avanzado do século XXI como é o sistema de saneamento e que un concello tan pequeno, para o que o custo da obra supón un gran investimento, poida recibir axuda da Administración galega”.

Pola súa banda, o alcalde Xavier Castro subliñou dous proxectos “imprescindíbeis” para os cales o Concello está facendo un “gran esforzo”, pero que precisan do financiamento da Xunta, da que non ve “ningún interese en mellorar a vida dos e das dodrenses”. Estas dúas iniciativas son as melloras da depuradora do Dodriño, proxecto aprobado no 2019 por Augas de Galicia e que “meteron nun caixón”, así como a ecolagoa que se está a crear para dotar a cinco aldeas de saneamento.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.