Os profesionais do mar votan este sábado nas eleccións ás confrarías de pescadores de Galicia

28 Outubro 2022

As confrarías de pescadores de Galicia acollen este sábado 28 de outubro a celebración dos terceiros comicios unificados (despois dos de 2014 e 2018) para a renovación dos seus órganos reitores. Todas as mesas electorais abrirán ás 10,00 horas para iniciar as votacións das que sairán os representantes para os vindeiros catro anos dunhas entidades que agrupan a preto de 11.200 profesionais do mar.

A maioría das entidades celebrarán as votacións en horario de 10,00 a 14,00 horas e só sete delas contarán cun período máis amplo para exercer o dereito a voto. Son as de Carril e Pontevedra (que manterán aberta a mesa electoral de 10,00 a 16,00 horas), as do Grove, Noia e Vilanova (de 10,00 a 17,00 horas) e as de Cambados e A Illa de Arousa, que votarán de 10,00 a 18,00 horas.

Mentres, nas confrarías de Fisterra e Porto do Son non haberá eleccións pois as candidaturas presentadas coinciden co número de vogais da xunta xeral, co que todos os candidatos foron proclamados e xa non é preciso celebrar votacións. Polo mesmo motivo, en 18 confrarías só haberá comicios parciais -no colectivo de traballadores ou no de empresarios- pois nalgún deles as candidaturas coinciden co número de vogalías, co cal os candidatos xa foron proclamados como vogais.
As entidades nas que só haberá votacións no colectivo de traballadores son Ares-Redes, Caión, Foz, Mera, Miño, Palmeira, O Pindo, Rianxo, Ribadeo, Vilaboa e Vilaxoán. Mentres, as eleccións serán unicamente no colectivo de empresarios nas confrarías de Bueu, Carreira-Aguiño, Celeiro, Moaña, Portosín, Sanxenxo e Vigo.

Unha vez electos os vogais da xunta xeral, tomarán posesión dos seus cargos na sesión constitutiva, que debe celebrarse na sede da confraría no prazo máximo de cinco días desde a súa proclamación definitiva, que será o 9 de novembro. Nese primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral iniciarase o procedemento para elixir a patroa ou patrón maior, as vicepatroas ou vicepatróns e os vogais do cabido.

Os membros da xunta xeral elixirán por maioría simple en primeira volta á patroa ou patrón maior entre os candidatos. En caso de empate, repetiranse as votacións en segunda volta e, de manterse o empate, resolverase a favor do de maior antigüidade na confraría. Se aínda así persistise o empate, resolveríase a favor do de maior idade.

No mesmo acto e xusto a continuación, a xunta xeral elixirá de entre os seus membros as vicepatroas e vicepatróns primeiro e segundo e os vogais do cabido, respectando a paridade e proporcionalidade que se estableceu para a xunta xeral.

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.