Onda de roubos nas igrexas do Son, Noia, Lousame e Outes

03 Outubro 2022

Media ducia de edificios relixiosos do Son, Noia, Lousame e Outes sufrion roubos ou intentos no ademais de revolver algunhas estancias, causaron importantes danos nas portas.
En Lousame os cacos efectuaron danos nas portas da capela de San Roquiño de Tállara o utilizar unha para acceder ao interior da ermida e outra para saír.

Tamén a capela noiesa de San Bernardo, os ladróns accederon por un ventanuco, pero saíron forzando a porta principal, o que obrigará a cambiar a fechadura.

En Noia os cacos fixeron dous intentos por entrar na igrexa de Santa Cristina de Barro sen logralo. A primeira das intentonas tivo lugar pouco antes das dúas da madrugada deste luns. Dous homes e unha muller trataban de acceder ao interior do templo a través dunha xanela. Regresarían mais tarde e chegaron a forzar a fechadura da porta principal sen logralo o fuxir o ser descubertos por un veciño.

Tamén se produciu un roubo na igrexa de Entíns o interior da cal apareceu esta maña revolto, aínda que de momento se descoñecen si se subtraeu algo. O párroco tamén foi informado polos fregueses de que tentaran acceder ao interior do templo de Santo Ourente.

Todo apunta a que os roubos tiveron lugar entre as noites do sábado e do domingo.

Capela de San Roquiño (Lousame)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...