O 12 de outubro celébrase a segunda edición da Carreira-Andaina Solidaria JEALSA

10 Outubro 2022

A organización da II Carreira-Andaina Solidaria JEALSA fixou para este 12 de outubro a realización desta relevante cita deportiva e, tamén, humanitaria. Cómpre lembrar que o evento estaba programado para o domingo 4 de setembro pero tivo que ser adiado polas malas condicións climáticas daquela xornada. Tras barallar diferentes opcións, a proba trasladouse ao 12 outubro, nos mesmos horarios. “Imos deixar aberta a inscrición a través do portal emesports.es para que poidan seguir sumándose participantes, tanto ás probas deportivas como ao Dorsal 0”, sinalaron dende a organización (a comezos de outubro xa había preto de 500 persoas inscritas).

A cita vén da man da SD Barbantia Roda en beneficio da Fundación STOP Leucemia, e con patrocinio da conserveira JEALSA.

A cita deportivo-solidaria dará comezo ás 10.00 horas na praza de Galicia.

A proba celebrarase con dúas modalidades cun percorrido de 10 quilómetros:

–Categoría absoluta, con horario de saída ás 11.00 horas.

-Andaina, con horario de saída ás 10.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.