O Son, Muros e Ribeira, entre os 15 municipios galegos responsábeis recoñecidos coa concesión de Bandeiras Verdes

21 Outubro 2022

A Xunta de Galicia vén de recoñecer 15 concellos como territorios responsábeis coa concesión da Bandeira Verde, un distintivo que ten por obxecto enxalzar as boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.

Durante o acto de entrega destes distintivos, no que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou que “cada vez son máis os concellos que se suman a esta iniciativa”. Así, se na súa primeira edición -2020- se entregaron 2 bandeiras verdes, este ano son 15 os municipios distinguidos, 6 máis que o pasado 2021.

Logo de felicitar aos concellos da Laracha, Cervo, Muros, Ribadeo, Ribeira e Touro por ser galardoados por primeira vez e aos de Alfoz, Curtis, Moaña, Mondoñedo, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porto do Son e Sober por revalidar a Bandeira Verde de 2021, Ángeles Vázquez animou a todos os municipios a presentarse a este galardón que pretende “sumar e reflectir o esforzo que as entidades locais están facendo polo futuro de Galicia” grazas a accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; para afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; para xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e para sensibilizar a cidadanía nesta materia.

Outros artigos

A Misela achega este domingo en Porto do Son un concerto de Nadal

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este domingo 15 de decembro un concerto de Nadal a cargo da agrupación noiesa A Misela, a partir das 19.30 horas, organizado pola Área de Cultura municipal e dentro da programación de actividades elaborada para estas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...