O servizo itinerante Coidados Porta a Porta estará na praza de Galicia de Boiro o 3, 4 e 5 de outubro

02 Outubro 2022

Boiro acolle os días 3, 4 e 5 de outubro o autobús do programa autonómico itinerante Coidados Porta a Porta, que se instalará na praza de Galicia. Este programa busca achegar ás persoas maiores do rural servizos asistenciais para a prevención da dependencia. Vanse levar a cabo servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. O servizo toca estas tres áreas ao ser fundamentais para a prevención da dependencia nas persoas maiores.

No eido da estimulación da memoria vanse realizar actividades para a estimulación cognitiva e funcional, para o fomento da autonomía mediante hábitos de vida saudábeis ou para a promoción do envellecemento activo.

O coidado do pé adquire importancia co paso dos anos, por iso os servizos que se van levar a cabo inclúen consultas básicas de podoloxía, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, calosidades e helomas e unha valoración do estado xeral do pé.

Pola súa banda, os servizos relacionados coa audioloxía implican unha consulta básica, unha exploración funcional da audición e a formación en hábitos que preveñan a perda auditiva.

Para participar deste programa pode solicitarse cita previa ou máis información no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal ou nos teléfonos móbiles 622 748 283 ou 623 546 992.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.