O Rotogal Boiro Voleibol traballa para recuperar xogadores de face ao derbi contra o Arenal Emevé

06 Outubro 2022

M.A.- O primeiro derbi galego da Superliga disputarase pasadomañá, ao sete e media da tarde, no Pavillón Municipal de Lugo. O Rotogal Boiro Voleibol visita ao Arenal Emevé co obxectivo de sumar os primeiros puntos do curso. Os da Cachada traballan a contrarreloxo para recuperar xogadores, unha vez confirmado que os estranxeiros Elgueta, Mendonça e Wu Cheng-Tang aínda non estarán dispoñíbeis.

O técnico Emilio Palacio explica que “non chegamos no noso mellor momento. Alan Davila ten molestias nas costas desde o partido da primeira xornada contra Unicaja e Martín Casais segue recuperándose da lesión no xeonllo. Ademais, Gaby acabou o adestramento de onte con molestias na man”. Sobre as baixas do tres xogadores foráneos, o adestrador do Rotogal Boiro Voleibol manifesta que “seguimos pendentes de que o tema se solucione en Estranxeiría”.

O Arenal Emevé superou a pasada fin de semana á Téxtil Santanderina a domicilio (0-3). Sobre
o conxunto lucense, Emilio Palacio manifesta que “xogaron moi cómodos na primeira xornada. Tiveron varios cambios no persoal e iso pode influír canto a adaptación. Haberá que deixar pasar o tempo para coñecer se somos rivais directos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.