O pleno de Boiro fai fronte común a prol da frota pesqueira galega fronte ao novo regulamento europeo

19 Outubro 2022


O Concello de Boiro celebrou este martes o pleno ordinario da Corporación local correspondente ao mes de outubro. A sesión contou coa ausencia de dous membros do Partido Popular.
A sesión pode verse íntegra na canle municipal de YouTube. Entre outros acordos, aprobouse a desafectación das vivendas destinadas a mestres de praia Xardín e máis a adhesión do Concello ao PREMADECOR (plan anti-fraude da Deputación da Coruña). Tamén foi aprobada unha moción de urxencia achegada polo BNG para a defensa da frota pesqueira galega fronte ao novo regulamento imposto pola Comisión Europea.

Orde do día da sesión:

1. Aprobación definitiva, se procede, da desafectación das vivendas destinadas a mestres de Praia Xardín – aprobación por unanimidade (15 votos a favor).

2. Aprobación, se procede, do ditame sobre a resolución de alegacións e aprobación definitiva do Regulamento de honras e distincións do corpo da Policía Local e Emerxencias – aprobación por unanimidade (15 votos a favor).

3. Aprobación, se procede, do ditame sobre a adhesión do Concello de Boiro ao Plan xeral de prevención de riscos e medidas anti-fraude da Deputación da Coruña (PREMADECOR) – aprobación por unanimidade (15 votos a favor).

4. Aprobación inicial, se procede, do ditame do expediente de suplemento de crédito 2/2022 – aprobación con 8 votos a favor (PSOE, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 7 abstencións (PP e BNG).

Por outra banda, o BNG rexistrou unha moción de urxencia para a defensa da frota pesqueira galega fronte ao novo regulamento imposto pola comisión europea, á que o PP presentou unha emenda que foi aceptada pola totalidade de membros da Corporación. A moción emendada foi aprobada por unanimidade (15 votos a favor).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.