O PBBI pide que no novo regulamento de protección de Areoso e Rúa se permita a pesca deportiva

26 Outubro 2022

O Grupo Municipal Partido Barbanza Indepediente (PBBI) de Ribeira, a través do seu concelleiro e portavoz Vicente Mariño de Bricio, vai presentar ao pleno da Corporación unha moción relativa á pesca deportiva en Guidoiro Areoso e Rúa, illotes que están a ser obxecto dun regulamento novo, por parte da Consellería de Medio Ambiente, a través do que se establecen as normas relativas ao uso público e as actividades recreativas. Segundo lembra o PBBI, o regulamento de protección desta orde atinxiría a unha superficie de 1073,16 hectáreas, das cales 49,08 son de superficie terrestre e as restantes 1024,08 son de superficie mariña.

“Pois ben”, indica o grupo, “nestas áreas hai usos permitidos, usos autorizábeis e usos prohibidos, entre os prohibidos o que nos destacan é a prohibición da pesca deportiva”. E engaden: “Este tipo de pesca, do mesmo xeito que toda a náutica deportiva, está en auxe e ademais de lecer e recreo xera un movemento económico importante (construción de barcos, instalacións náutico deportivas, talleres de reparacións, tendas de subministración de pesca e efectos navais, ademais de hostalería en xeral)”. Por todos estes motivos, o Partido Barbanza Independente alerta do “efecto negativo que tería para Ribeira e o resto de comarcas limítrofes”.

En base ao devandito, a agrupación propón instar á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda a que permita a pesca deportiva en toda a zona marítima, anteriormente mencionada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.